Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Consello da Cultura Galega vindica a Queizán

La Voz VIGO

VIGO

XOAN CARLOS GIL

O acto terá lugar no Marco

14 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Na década dos oitenta, saíron ao prelo Recuperemos as mans é Evidencias, dúas contribucións imprescindíbeis de María Xosé Queizán como pensadora galega ao debate feminista. O Consello da Cultura Galega presenta hoxe no Marco, ás 19.00 horas, a reedición conmemorativa deses textos, nunha xornada que serve tamén de homenaxe á autora.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, asistirá a este encontro. Inma López Silva conducirá este acto no que está prevista unha mesa redonda na que participan Carme Adán, Helena González Fernández, María Xosé Porteiro e Iolanda Veloso. Rematará cun recital a cargo de Marga do Val.

A reedición impresa das obras Recuperemos as mans e Evidencias serve de homenaxe, posta en valor e difusión de obras importantes na historia do feminismo en Galicia.

A cita está organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, coordinado por Carme Adán Villamarín