
A reedición das obras «Recuperemos as mans» e «Evidencias», innecesaria xustificación da homenaxe que onte recibiu en Vigo a autora
15 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A reedición das obras «Recuperemos as mans» e «Evidencias», de María Xosé Queizán, son a innecesaria xustificación da homenaxe que onte recibiu en Vigo a autora de sendos textos. A ocasión serve tamén para facer circular de novo obras que foron importantes na historia do feminismo en Galicia. O acto organizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, que Carme Adán, presente na cita coma a presidenta do CCG, Rosario Álvarez. Inma López Silva coordinou a mesa redonda na que participaron Helena González, María Xosé Porteiro, Ioanda Veloso, e Marga do Val recitou versos.