Marián Mouriño, poñente nas xornadas «Con ollos de muller» en Mos

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

A presidenta do Celta falou sobre o papel da muller no fútbol

03 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Pazo de Mos acolleu este mércores a primeira mesa redonda das Xornadas Con ollos de muller do CIM de Mos, que buscan analizar a legalidade e realidade laboral en clave feminina. Entre as poñentes estiveron a presidenta do Celta, Marián Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. O acto tivo tamén como convidadas á xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, María José Rodríguez, e á deputada de Igualdade Sandra Bastos.

A intervención de Mouriño levaba por título Muller no Deporte Rei e a moderadora da mesa redonda foi a xornalista de Radio Voz Bibiana Villaverde. Estas xornadas, que rematan este xoves, representan o broche de ouro en Mos para a programación do 8M. Desde a organización sinalan que «pola súa temática, actualidade e o interese das ponencias presentes, son de gran importancia e axuda, para calquera persoa ou profesional que traballe no ámbito social». Engaden qeu tamén «resultan atractivas e instructivas de forma especial para todas aquelas persoas que, polo seu traballo, están en contacto coa realidade, e precisan manterse o día coa legalidade neste ámbito».