
A xuntanza celebrada en Silleda rematou con churrasco
06 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Club de Amigos de Boina de Galicia, celebrou xuntanza onte sábado na Casa Grande Fuentemayor de Cortegada, no Concello de Silleda, para dar entrada no colectivo dezanove novos integrantes. Estes se comprometeron en adiante a lucir esta peza típica na vestimenta galega, sempre que sexa posible, en actos públicos e concorrer as xuntanzas que se convoquen, propoñendo novos socios e fomentando os lazos de amizade e a leda diversión entre todos.
Os novos socios do club aos que os mais antigos lles puxeron a boina, branca as mulleres e negra os homes, e un diploma que os acredita como tales, son os mais deles veciños de Lalín, caso de Rafael Cuíña Aparicio, Eladio Cuíña Crespo, María Amparo Fernández Reboredo, Maximino Míguez Salgado, Mónica Pedreira Mazás, Gúmer Portas López, Francisco Roibás Penas, Luís Carlos Santos Gutiérrez e Vanessa Taboada Santín;. A eles sumáronse Alberto Silva Riádigos de Dozón; Silvia Catoira Seijas de Arteixo; Masakazu Shida, un artista xaponés residente en Ourense; Roberto Antonio Rodríguez Rosado de Viveiro e o actor e humorista Tony Antonio, David Augusto Pradies Morín, Mariano Agüero Martín, Juan José Sánchez Núñez, Manuel Enrique Valcarcel Rodríguez e Julio Lage Rodríguez, residentes en Madrid e que completaron a lista das novas incorporacións.
Coa organización do evento correu o presidente do Club, o lalinense Manuel Seixas, facendo de mestre de cerimonias o xornalista Ángel Niño, nativo de Moraña e residente en Madrid. A xuntanza rematou cun xantar de churrasco, tamén prato típico destas terras onde chegou hai máis de cincuenta anos cos nosos emigrantes retornados de América, que con lixeiras variantes fíxose popular na comarca dezá e despois en toda Galicia.