
David Amor será o encargado de poñer o sorriso a esta nova edición do encontro artesán
06 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Mostra do Encaixe de Camariñas xa se ten erixido encontro cultural, máis alá de moda e tradición. O humor na edición deste ano correrá a cargo de David Amor, co seu monólogo Love está en el aire, o sábado 19 de abril, ás 20.30. Ademais de literatura ou música, na pasarela camariñá tamén haberá teatro, desta volta a cargo do grupo local Os Contos Non Enchen, formado hai dous anos e con sede en Camelle. Con membros dende os 16 aos 70 anos, ofrecerá o venres 18 ás 20.30 First Lerias, parodia de Firts Dates.